-O Concello de Monforte remata este domingo 12 de maio o seu ciclo de teatro do primeiro semestre deste ano 2024, no Edificio Multiusos a partir das 18:00 horas, coa obra Palabras, da compañía Baobab Teatro, dirixida a público infantil.
-O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.
Monforte de Lemos, 10 de maio de 2024. Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este domingo 12 de maio ás 18:00 no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para público infantil Palabras, da compañía Baobab Teatro, obra composta por Andrea Bayer e dirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira e coa interpretación de Iria Piñeiro/ Andrea Bayer e Davide González.
Con esta obra, o Concello de Monforte remata o seu ciclo de teatro do primeiro semestre deste ano 2024 no que se programaron 8 pezas teatrales.
O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.
Sinopse
Palabras, é un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde as palabras e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega, recomendado para nenos/as de 1 a 8 anos.