O Alcalde da a benvida a Monforte á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) que celebrou na Casa do Concello a súa Xunta xeral ordinaria anual

Monforte de Lemos, 19 de xaneiro de 2024.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu onte á benvida a Monforte á xunta directiva da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), á que ó Concello cedeu o uso do Salón de Plenos da Casa Consistorial, para que celebrasen a súa Xunta Xeral ordinaria anual.

O Alcalde agradeceu e destacou que elixiran Monforte como sede deste encontro anual, que é o segundo que a CEL celebra fora da capital da provincia.

A xuntanza, por parte da CEL, estivo presidida por Eduardo Valín Fernández, Conselleiro Delegado da CEL e por Jaime Luis López Vázquez, Secretario da CEL.

Na Asemblea, a directiva da CEL realizou un repaso sobre os proxectos emprendidos por esta organización empresarial en 2022 e 2023. Tamén foron aprobadas as contas anuais así como o orzamento para o próximo exercicio de 2024.