O Alcalde fai entrega das medallas do Campionato provincial de Natación celebrado en Monforte

Monforte de Lemos, 2 de marzo de 2024. O Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na tarde de hoxe das medallas correspondentes ó Campionato Provincial de Natación de Lugo, que se celebrou na Piscina municipal de A Pinguela.

Esta foi a segunda edición do Campionato Provincial de Natación, que estivo organizado polo Club Natación Monforte, e ó que acudiron, ademais do clube monfortino, os clubes de natación da provincia de Lugo.

O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos e a Deputación Provincial de Lugo.