O Alcalde entrega os recoñecementos ós xogadores na festa fin de tempada do C.P. Calasancio, que outorgou a medalla de ouro a Javier Anido a título póstumo

Monforte de Lemos, 7 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, participou na Festa Fin de Tempada 2023-2024 que o C.P. Calasancio celebrou no salón de actos do Colexio de Nosa Señora da Antiga-Escolapios.

En concreto, ás 9 da noite o rexedor monfortino presidiu a Clausura da tempada e entregou os pins de prata outorgados polo Club Calasancio ós xogadores que por idade, teñen que deixar o club en dita tempada.

Durante o acto, tamén se fixo entrega do Trofeo “Alex Blanco” a dous xogadores en recoñecemento ós seus méritos.

Tamén se lle outorgou, a título póstumo, o pin de ouro do Club Calasancio a Javier Anido, o cal foi recollido pola súa muller, Marina Armesto, que estivo acompañada polos seus fillos. Anido foi responsable de mantemento das instalacións do Calasancio durante máis de dúas décadas. Faleceu o 6 de abril de 2024.

 Na súa intervención, José Tomé tivo un sentido recordo para Javier Anido, “un amigo co que traballamos en moitas ocasións”. Tamén destacou o rexedor monfortino a estreita colaboración que o Concello mantén co club, non só a través das axudas que lles proporcionan como club deportivo, senón tamén con investimentos na mellora das súas instalacións deportivas, como a recente renovación do céspede artificial do campo, cun investimento de 190.000€.

Tras a clausura oficial da tempada, tivo lugar unha cea de confraternidade no pavillón polideportivo do Colexio.