Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2024. Na tarde de hoxe, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou ós medios de comunicación á nova responsable da Aula Universitaria da UNED en Monforte, Isabel Cachaldora Sánchez, acto no que tamén participou a directora do centro da UNED en Lugo, Ana Traseira, centro ó que pertence á Aula de Monforte.
Deste xeito, o acto serviu para dar a coñecer o currículo da nova responsable da UNED en Monforte.
O Alcalde deu así a benvida a Isabel Cachaldora desexándolle “o maior dos éxitos tanto profesionais coma persoais. Espero que se sinta a gusto na nosa cidade, que tamén é a súa e que elo contribúa ó óptimo desempeño da súa labor docente e xestora ó fronte da Aula UNED de Monforte”. E concluíu a súa intervención salientando que “o Concello vai seguir formando parte da familia da UNED, para acercar a universidade a aquelas persoas que non puideron estudiar no seu momento, ou que por circunstancias non poden desprazarse, pero que si lles acercamos o servizo formativo, teñen interese en iniciar unha carreira.”
Neste senso, o rexedor municipal destacou que o “Concello amosa o seu compromiso coa UNED de Monforte a través da aportación anual de 55.000 euros que fai para o mantemento de dita aula, á que hai que engadir os gastos das súas instalacións na Casa da Cultura, de electricidade, telecomunicacións, e demais servizos.”
Dilatado curriculum académico e profesional
Isabel Cachaldora Sánchez, orixinaria de Monforte de Lemos, familiar do dono da Ferretería Cachaldora, é Doutora en Dificultades da Aprendizaxe e Procesos Cognitivos, pola Universidade de Vigo. Ademais, é Mestra de Educación Infantil con 11 años de experiencia con alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade.
Isabel conta cunha dilatada experiencia docente e laboral: Foi mestra no Colexio Miraflores, no Colexio Santa Teresa de Jesús (Carmelitas), e no Colegio Padre Feijoo Zorelle, todos eles en Ourense.
Tamén foi profesora do proxecto “Nenoos Ourense”, baseado no uso do ábaco para favorecer o desenvolvemento cognitivo, e dende 2023 é profesora tutora da UNED a través do seu centro asociado en Lugo.
Entre outras actividades, é directiva na Asociación Cultural Náufragos de Paradiso e voluntaria na Asociación Prodeme, ambas de Monforte.
Bos datos da UNED de Monforte
Ana Traseira, puxo en valor e agradeceu o compromiso do Alcalde e do Concello de Monforte coa aula, un compromiso firme que José Tomé leva a cabo como vicepresidente da Xunta Reitora da UNED en Lugo.
Traseira destacou o valor inclusivo e social da UNRD, “que posibilita que o 40% das persoas con discapacidade poidan estudar unha titulación universitaria.
Tamén apuntou a directora do centro da UNED en Lugo os bos datos da aula de Monforte, que este ano medrou un 19%, alcanzando os 100 alumnos matriculados.
Pola súa banda, Isabel Cachaldora, amosou o seu agradecemento pola confianza depositada nela, e transmitiu a súa ilusión e as súas ganas por traballar para seguir facendo da aula da UNED en Monforte un centro de referencia na provincia.