O Alcalde supervisa a poda de cinco plataneiros no Parque do barrio do Hospital de Monforte

Monforte de Lemos, 29 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou na tarde de onte a poda de 5 plataneiros ubicados no Parque do Barrio do Hospital, concretamente no paseo que discorre paralelo á saída do aparcadoiro de dito parque.

Deste xeito, membros da brigada de Parques e Xardíns da Concellería de Medio Ambiente, levaron a cabo a poda en altura destes 5 plataneiros, a través dun camión con plataforma elevadora.

A poda era necesaria debido a gran altura alcanzada polas ramas das árbores que podían conlevar algún risco de rotura e caída, por mor dos temporais dos últimos tempos, evitando así posibles riscos tanto para o tráfico rodado da ronda María Emilia Casas Baamonde, así como para os viandantes que a diario transitan pola senda na que se ubican os plataneiros, en especial os usuarios do Hospital Comarcal que estacionan os seus vehículos no aparcadoiro do Parque.

Ademais, a poda, ademais de sanear ditas árbores para que crezan máis robustas, tamén se levou a cabo acorde coa estética do resto do entorno, no que se ubica o recentemente construído Parque do Barrio do Hospital.