Cancelados os actos da Praza de España do Xoves de Comadres, por motivos de seguridade, debido ás previsións de climatoloxía adversa

Monforte de Lemos, 8 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunica a decisión de suspender os actos da Praza de España (a concentración de centros de ensino e comadres individuais, comunicación de premiados e queima da comadre oficial) debido ás alertas por climatoloxía adversa previstas para esta tarde. A suspensión obedece, por tanto, a motivos de seguridade, especialmente polos nenos e nenas que participan habitualmente nesta concentración.

O xurado visitará todas as comadres que se presentaron a concurso: as 11 dos barrios, as 5 dos centros de ensino e as 4 individuais, e emitirá o seu veredicto de comadres premiadas que trasladará aos medios de comunicación e publicara nas redes sociais e a páxina web do Concello.