O Concello patrocina o Concerto Inaugural do ano 2025, no que a Sociedad Filarmónica de Monforte celebra o 75º aniversario da súa fundación

Monforte de Lemos, 2 de xaneiro de 2025. O Concello de Monforte de Lemos colabora no concerto inaugural do ano 2025, no que a Sociedad Filarmónica de Monforte celebra os 75 anos dende a súa fundación. Para elo, o Executivo de José Tomé colaborou coa cesión das instalacións do Edificio Multiusos, así como contribuíu cunha aportación económica para o patroncinio do concerto.

Deste xeito, mañá venres 3 de xaneiro a partir das 8 da tarde (20:00 h) o Auditorio do Edificio Multiusos acollerá o Concerto de Aninovo que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo, “A Clásica”, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava.

A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, polo que o Alcalde anima a todos os monfortinos e visitantes a acudir e disfrutar deste primeiro concerto do ano en Monforte.

Programa

  • F.J. Haydn….OBERTURA en Re mayor, Hob. Ia: 7
  • P. I. Tchaikovsky….EL LAGO DE LOS CISNES – Suite Op. 20 (selección)
    • Valse
    • Danse des cygnes
    • Danse espagnole
    • Mazurka
  • Josef Strauss….SPORT-Polka, Op. 170
  • Johann Strauss....INDIGO – Marcha, Op. 349
  • F. Chueca….PASARÚAS DOS BARQUILLEIROS – de “Agua, Azucarillos y Aguardiente".
  • T. Bretón….SEGUIDILLAS – de “La Verbena de la Paloma”
  • R. Soutullo….REDONDELA – Pasodoble