Éxito do Desfile de Traxes Medievais e complementos organizado polo Concello na Praza de Abastos co gallo da Feira Medieval

Monforte de Lemos, 16 de marzo de 2024. Os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, e Sanidade, Pilar Espinosa, representaron ó Equipo de Goberno no Desfile de Traxes Medievais e complementos que tivo lugar hoxe pola tarde dentro do programa de actividades do Mercado para a Medieval da Praza de Abastos.

O Desfile contou cunha gran afluencia de público, que encheu o espazo expositivo dos Mercados, e no que puideron ver diferentes deseños de traxes medievais e de complementos, de cara a decidir as vestimentas que utilizarán na XX Feira Medieval, o 30 e 31 de marzo en Monforte.

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira.

Deste xeito, o Mercado conta coa presencia de 16 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes, artesanía, bixutería, cosmética natural, talla en madeira e noutros materiais, decoración de mesas de terraza para hostalería así como decoración de mesas medievais de comedor e centros florais elaborados por diferentes floristerías da cidade.

O horario do Mercado para a Medieval 2024 de maña domingo 17 de marzo, será de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 19:00h.