Manuela Sáez dona ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos inaugurado o ano pasado en Nápoles

Monforte de Lemos, 22 de abril de 2024. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, recibiu de mans da historiadora monfortina Manuela Sáez unha réplica do busto do VII Conde de Lemos, cuxo orixinal foi inaugurado o 25 de marzo de 2023 en Nápoles, acto ó que acudiron á propia Tenente de Alcalde e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón.

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi realizada polo mesmo escultor que fixo a escultura orixinal, Riccardo Ruggiano. Nesta ocasión, a peza doada ó Concello está feita en terracota.

O busto do VII Conde de Lemos foi promovido en Nápoles pola Fundación Real Monte Manso di Scala, para conmemorar cuarto centenario da morte do VII Conde de Lemos, D. Pedro Fernández de Castro e Andrade, e en agradecemento, tanto ó Conde como a Giovan Battista Manso, por fundar a prestixiosa Academia Napolitana dos Ociosos, que foi a máis importante Academia cultural do Reino de Nápoles durante o S.XVII.

Gloria Prada agradeceu á historiadora monfortina esta doazón, “porque representa a unha das personaxes de maior relevancia histórica da nosa cidade, un dos principais nobres da súa época que deixou un legado de incalculable valor, non so en Monforte, senón tamén en Galicia e España”.

Manuela Sáez agradece ó Concello de Monforte “o interese que ten na difusión do legado cultural de deixou o VII Conde de Lemos”.