O Concello de Monforte súmase ó minuto de silencio en memoria dos gardas civís mortos en Barbate en acto de servizo

Monforte de Lemos, 12 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros da Corporación municipal, persoal do Concello e veciños e veciñas da cidade, sumáronse este luns 12 de febreiro, na praza do Campo de San Antonio, ó minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria dos dous gardas civís mortos na localidade de Barbate (Cádiz) en acto de servizo o pasado 9 de febreiro.

Esta concentración silenciosa foi unha mostra de apoio e solidariedade do pobo monfortino coas familias dos gardas civís falecidos e en recoñecemento ó gran labor realizado polos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e neste caso, na loita contra o narcotráfico.