O Concello de Monforte súmase ó minuto de silencio convocado pola FEMP polas vítimas do incendio de Valencia

Monforte de Lemos, 26 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros da Corporación municipal, persoal do Concello e veciños e veciñas da cidade, sumáronse este luns 26 de febreiro, na praza do Campo de San Antonio, ó minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria dos falecidos, feridos e persoas afectadas pola perda dos seus fogares, no incendio do edificio do barrio Campanar de Valencia, acaecido o pasado 22 de febreiro.

Esta concentración silenciosa foi unha mostra de apoio e pesar do pobo monfortino cos falecidos e as súas familias, cos feridos e coas persoas afectadas, e como manifestación de solidariedade con todos eles, co Concello de Valencia e con toda a cidadanía.