A Tenente de Alcalde fai entrega dos premios do concurso A polo mellor doce, dentro do programa do Mercado para a Medieval de Monforte

Monforte de Lemos, 17 de marzo de 2024. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega neste mediodía dos premios correspondentes ó concurso de repostería e pastelería “A polo mellor doce”, que o Equipo de Goberno organizou dentro das actividades do Mercado para a Medieval, que se está a celebrar onte e hoxe na Praza de Abastos de Monforte, co gallo da XX Feira Medieval.

O Concurso consistiu na elaboración de doces relacionados coa repostería ou estética medievais, e correu a cargo de diferentes pastelerías, panaderías e confeitarías da cidade, no que o público ó Mercado para a Medieval foi quen, coas súas votacións, determinou os gañadores do mesmo.

Deste xeito, o primeiro premio recaeu en Diseño del sabor  coa “Tarta del Conde de Lemos”; o segundo premio foi para a Cafetería pastelería Bakery polo doce “Antojo del Conde de Lemos”; e o terceiro premio acadouno Panadería Estación con “A torre do Rei Arturo”.

Dende o Concello, agradécese a participación e implicación de todas aquelas pastelerías que aportaron os seus doces neste concurso, participación que foi das máis altas dos últimos anos.

O Mercado para a Medieval abrirá de novo as súas portas esta tarde de 17:00h a 19:00h., unha excelente ocasión para preparar axeitadamente a participación da Feira Medieval,, grazas á  proposta dos 16 stands que ofrecen todo tipo de produtos e servizos como traxes, complementos, artesanía, ideas decorativas, maquillaxe ou gastronomía.