Monforte de Lemos, 10 de febreiro de 2024. A tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, participou onte pola noite na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro na presentación do libro “Esgrafiado galego. Un museo ao aire libre” da investigadora monfortina Mar López Sotelo.No acto a Tenente de Alcalde presentou á propia autora do libro, quen explicou ós asistentes os pormenores do traballo que desenvolveu para escribilo. O libro presentado onte en Monforte é a culminación de máis de 12 anos de investigación.
Mar López Sotelo é unha investigadora monfortina e divulgadora cultural que realiza estudos de campo e etnográficos de Monforte e da Ribeira Sacra. É educadora social, conta cun máster en tratamento educativo da diversidade.
Nos últimos anos, mar estivo inmersa nun intenso traballo de investigación no que fixo labouras de localización, cartografado e catalogación de esgrafiados atopados nos pobos da ribeira sacra. Tras unha complexa investigación mar conclúe que se trata dunha nova arte, propio de galicia, os “esgrafiados estilo galego”.
A tenente de Alcalde recordou que o Concello de Monforte colabora habitualmente con esta investigadora. En 2022, o concello colaborou na celebración dunha exposición arredor dos esgrafiados da Ribeira Sacra, que tivo lugar na Casa da Cultura.