Monforte de Lemos, 31 de decembro de 2025. A programación das Festas de Nadal 2025-2026 organizada polo Concello de Monforte de Lemos continúa este venres, 2 de xaneiro, cun espectáculo de humor na Casa da Cultura, a cargo do actor galego Pepo Suevos. A cita é ás 20.00 horas, con entrada libre e gratuíta.
Pepo Suevos presentará o seu monólogo “Á caída”, no que reflexiona con humor sobre a propia comedia e a súa necesidade para soportar o "mundo real". Un espectáculo improvisado e interactivo, no que a información que ofreza o público será a que irá compoñendo o contido, así que no caso de tocar temas escabrosos, o público será o culpable (ou cando menos, cómplice). En definitiva, un show aberto, atrevido, arriscado e sobre todo, moi divertido, no que cada función é única, xa que de todo o que aconteza durante o espectáculo, irá xurdindo "Á caída".