O Alcalde anuncia que xa está aberto o prazo de matrícula para os Cursos de Verán do Conservatorio

O Alcalde de Monforte informa da apertura do prazo de matrícula para os Cursos de Verán de Música e Danza que se organizan no Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibáñez”, e que se extende  dende o pasado xoves 26 de xuño  ata o 22 de agosto.

Ó igual que nas pasadas edicións, os cursos vanse desenvolver en diversas semanas tanto no mes de xullo coma no de agosto. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Equipo de Goberno do Concello decidimos manter a celebración destes cursos nos meses de xullo e de agosto, motivados polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que  nenos e nenas poidan desfrutar dunhas vacacións activas practicando, como é neste caso, actividades tanto lúdicas coma formativas relacionadas coa danza e a música”.

Matrícula nos Cursos de verán de danza e música en Monforte

O prezo dos cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” será, para todos os casos, de 25 euros, e neste prezo inclúese que os alumnos e alumnas poderán elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. Do mesmo xeito, poderán participar en máis materias cubrindo outra solicitude. O nivel das diferentes materias será de iniciación ou avanzado. Cada materia terá unha duración dunha hora que se elixirá no momento da inscrición

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de agosto de 2025, sempre previo ás datas específicas de celebración dos distintos cursos.

A inscrición realizarase na ventanilla da oficina de Rexistro do Concello de Monforte en horario de mañá, aportando a solicitude debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico e en rigorosa orde de chegada.

No caso de realizar a inscrición na sede Sede Electrónica (monfortedelemos.es) :

1º Asignarase a data específica do curso á espera de confirmación da praza e horario por parte do Concello.

2º Despois da confirmación da praza, enviarase o extracto da taxa debidamente pagada por autoliquidación ao correo: cursos.musicaedanza@concellodemonforte.com

 

As MATERIAS DE MÚSICA estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 6 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta doce, frauta travesa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor..).

En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos e alumnas de ata 9 anos.

En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas modelo 5A e unha pelota de tenis.

Polo que respecta á DANZA, estará dirixida tanto a nenos e nenas como a xoves en xeral a partir de 6 anos. Formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

 

MATERIAS, DATAS DE CELEBRACIÓN E PRAZAS DISPOÑIBLES

MÚSICA:

Violín - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                                 do 30/06 ao 04/07 

Piano 1º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                  do 28/07 ao 01/08  

Piano 2º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                  do 25/08 ao 29/08             

Guitarra - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                             do 28/07 ao 01/08  

Saxofón - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                             do 04/08 ao 08/08  

Clarinete - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                            do 07/07 ao 11/07  

Frauta Travesa - Iniciación (a partir de 6 anos)                                     do 07/07 ao 11/07  

Frauta Doce - Iniciación (a partir de 6 anos)                                          do 07/07 ao 11/07  

Trompeta, Trompa - Iniciación e Avanzado  (a partir de 6 anos)            do 05/08 ao 09/08 

Trombón, Tuba - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)                  do 05/08 ao 09/08  

Percusión moderna - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)            do 30/06 ao 04/07

Gaita e Percusión tradic. - Iniciación e Avanzado  (a partir de 6 anos)   do 30/06 ao 04/07           

Canto e Pandeireta - Iniciación e Avanzado  (a partir de 17 anos)         do 30/06 ao 04/07            

 

Linguaxe Musical 1º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)  do 28/07 ao 01/08   

Linguaxe Musical 2º grupo - Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)  do 25/08 ao 29/08  

 

*En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as ata 9 anos.

**En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas modelo 5A e unha pelota de tenis.

DANZA:

Para as materias de danza tradicional e moderna será preciso que os alumnos e alumnas traian as súas propias zapatillas deportivas e en ballet clásico, zapatillas de media punta.

Danza tradicional  Galega  (a partir de 6 anos)                                    do 04/08 ao 08/08    

Danza moderna (a partir de 6 anos)                                                     do 18/08 ao 22/08    

Ballet clásico (a partir de 6 anos)                                                         do 18/08 ao 22/08

 Solicitude matrícula Formulario danza

Solicitude matrícula Formulario música

 Autoliquidación Formulario