O Alcalde anuncia que a rúa Cardeal será escenario de dous concertos de grupos monfortinos durante as Festas de Nadal

Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anima a todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de celebracións navideñas, a asistir aos Concertos de Nadal programados polo Concello para dinamizar as rúas durante estas festas, animando tamén as compras no comercio local.

Unha vez máis, o Equipo de Goberno aposta por darlle protagonismo aos grupos locais coa idea de dar visibilidade ao traballo creativo dos músicos locais: “Queremos poñer en valor aos nosos grupos, que ademais contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”, apunta o Alcalde, José Tomé.

Nesta edición, programáronse dous concertos os días 26 de decembro e 2 de xaneiro a cargo dos grupos Deloreans e Malenne, respectivamente. As actuacións desenvolveranse ás 20.30 horas na zona peonil da rúa Cardeal, no escenario que se instalará no entorno do cono ornamental de máis de 20 metros que preside o alumeado navideño do Concello de Monforte.

José Tomé destaca que a aposta do seu Equipo de Goberno polos grupos monfortinos “é firme”, e pon en valor a creación e propostas musicais en diferentes estilos das bandas locais. “O noso obxectivo é poñer en valor ao grupos musicais da cidade e darlle o recoñecemento que merecen, ao tempo que coa súa música dinamizamos a rúa e potenciamos as compras no noso comercio local”, indicou o rexedor.

A colaboración do Concello de Monforte cos grupos locais é constante, sendo protagonistas do Verán Cultural a través dun ciclo de concertos en diferentes espazos da cidade durante os meses de agosto e setembro.