O Alcalde anuncia que a historiadora monfortina, Dona Manuela Sáez González, será a pregoeira das Festas Patronais 2025.

Monforte de Lemos, 12 de xullo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar quen será a Pregoeira das Festas Patronais de 2025. Trátase da historiadora Dona Manuela Sáez González.

O Alcalde que comezou a súa intervención subliñando que Dona Manuela Sáez non necesita presentación, destacou que o prestixio acadado por esta doctora en xeografía e historia fala por si mesmo.

Tal e como explicou Tomé “está considerada como unha das maiores expertas a nivel mundial na Casa de Lemos, e contribuiu dun xeito impagable, a poñer a cidade de Monforte de Lemos no panorama cultural internacional a través dos seus traballos de investigación sobre o Virrei D. Pedro Fernández de Castro, Andrade e Portugal, VII Conde de Lemos, ata o punto de que o propio Duque de Alba e actual Conde de Lemos, Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, calificou unha das últimas publicacións da nosa pregoeira Vida y obra del VII Conde de Lemos, como a publicación mais importante realizada sobre a figura do Conde de Lemos e sobre calquera membro da Casa de Lemos.”

 O Alcalde de Monforte, José Tomé, subliñou que “ademais da transcendencia que teñen todos os seus estudios, que son utilizados como referente por moitos historiadores, e profesores de historia, Dona Manuela Sáez, resulta unha excelente embaixadora da súa cidade natal, xa que durante a súa traxectoria profesional e vital, sempre aproveita calquera ocasión que teña ó seu alcance, para ensalzar a nosa cidade como referente cultural  histórico”.

Neste senso- proseguiu  a explicar o Alcalde - que “resulta impagable para os monfortinos, a súa reivindicación da cidade de  Monforte, como referencia para os estudosos do arte, pola dificultade de atopar obras de arte do século XVII en Galicia, que poñen en valor o Museo da Compañía e o Museo das Clarisas con obras de escultores napolitanos e de Gregorio Fernández, pintura do Greco, de Azzolino, Andrea del Sarto, Antiveduto Gramatica e de los Ricci, que a Doctora Sáez reivindica cada vez que ten ocasión”.

José Tomé, tamén quixo poñer en valor o recoñecemento internacional da historiadora gracias ó seu traballo meticulosos e rigoroso durante toda a súa carreira, tal e como demostra o recoñecemento que lle acaban de facer en Italia otorgándolle a condecoración da insignia de “la Orden de la Estrella” co grado de comendadora, que lle foi imposta o pasado mes de xuño polo embaixador de Italia en España. Esta insignia está instituída para recoñecer a persoas que contribúen de forma destacada na promoción de relacións de cooperación entre Italia e outros países.

José Tomé aproveitou a ocasión, para agradecerlle en público a Dona Manuela a invitación que lle fixo para ser partícipe deste honorífico acto, dándolle a oportunidade de sentir un enorme orgullo por unha das veciñas de Monforte, mais insignes que temos na cidade.

Para rematar, o Alcalde quixo poñer en valor a traxectoria profesional da Doutora en xeografía e historia enumerando algunhas das publicacións mais importantes que fixo durante a súa dilatada traxectoria e que tal e como explicou José Tomé son referentes para os estudosos de historia e arte. Entre as mais importantes, pódense nomear:

- Vida y obra del VII conde de Lemos, don Pedro Fernández de Castro, 2 volúmenes, Hércules Ediciones, 2023.

- COLECCIONISMO Y ALMONEDA DEL GRAN CONDE DE LEMOS, DON PEDRO FERNÁNDEZ DE CASTRO. Diputación Provincial de Lugo, 2018.   

- DEL REINO DE NÁPOLES A LAS CLARISAS DE MONFORTE DE LEMOS. Escultura del siglo XVII en madera, Excma. Diputación Provincial de Lugo. 2012.

-La platería en Terra de Lemos. Excma. Diputación Provincial de Lugo. 2003.

-Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición. Ediciós do Castro. 2002.

-La platería en la diócesis de Tui. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2001.

-Arte de la platería en la mariña lucense.  Siglos XVI, XVII y XVIII. (En colaboración con Yayoi Kawamura). Excma. Diputación Provincial de Lugo. 1999.

-La colección de platería Fernández de la Mora y Mon en el Museo de Pontevedra. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1995.

-La platería en Monforte de Lemos. Excma. Diputación Provincial de Lugo. 1987.

-Domingo de Andrade, prestigioso arquitecto y desconocido inventor. (En    colaboración con Begoña Mendizábal). Excma. Diputación Provincial de Lugo.   1987.

Ademais dos libros e monografía mencioados, Dona Manuela colaborou en numerosas publicacións e artículos tanto de libros e publicacións especializadas, como periodísticos, impartiu conferencias tanto no territorio español como noutros países e segue a traballar incansablemente na actualidade con catro libros en preparación,  que demostran a infatigable labor de investigación da nosa pregoeira deste ano:

Libros en preparación:

- Libro diario privado de los gastos del VII conde de Lemos en Nápoles (1610-1616).

- La cocina de la Condesa doña Catalina de la Cerda y Sandoval.

- Correspondencia de los VII conde de Lemos (1610-1647).

 - La saga femenina de la casa de Lemos en el siglo XVII.

“É incuestionable – afirmaba Tomé ó remate da súa intervención- o mérito da historiadora monfortina, Dona Manuela Sáez, e por este motivo, estamos seguros de que a cidade de Monforte aceptará á nosa pregoeira das Festas Patronais do 2025 co respecto, admiración e cariño que se merece”.