O Alcalde anuncia que este luns, día 14 de xullo, permanecerá pechado o Parque do Hospital para efectuar traballos de control de pragas de insectos.

Monforte de Lemos, 12 de xullo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quere informar ós veciños de Monforte de Lemos do peche do Parque do Hospital durante o próximo luns, día 14 de xullo, para proceder á realización de traballos de control de pragas de insectos na zona indicada.

A primeira hora da mañá procederase á realización de traballos de fumigación de toda a zona do parque, motivo polo que permanecerá pechado durante todo o luns procedéndose á apertura do mesmo, o martes, día 15, xornada na que xa se poderá utilizar con normalidade.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión polas molestias que este peche temporal poida ocasionar.