O Alcalde asiste aos actos conmemorativos do 35 aniversario do Conservatorio Adagio e homenaxe ao seu fundador, Manuel Randulfe

  Monforte de Lemos, 4 de outubro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polas Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, e Muller e Igualdade, Margarita López, asistiu na tarde deste sábado, 4 de outubro, á celebración do 35 aniversario do Conservatorio Profesional de Música Adagio, que tivo lugar na Igrexa de Nosa Señora da Antiga e no que tamén se rendeu homenaxe ao fundador deste conservatorio, Manuel Randulfe Jácome.

O acto conmemorativo comezou ás 18.30 horas e contou cunha primeira parte na que se fixo unha proxección comentada sobre a traxectoria concertista e docente de Manuel Randulfe. Continuou cun recital musical a cargo dos alumnos do Conservatorio Adagio. Como colofón, serviuse un aperitivo no Claustro Monumental dos Escolapios.

O Alcalde destacou a calidade artística de Manuel Randulfe e a aposta deste centro pola formación musical nas diferentes disciplinas. O Conservatorio Adagio suma 35 anos de historia na cidade de Monforte. Imparte ensinanzas musicais nos grados elemental e profesional e nas modalidades de piano, guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión e batería. Na actualidade conta con arredor de 60 alumnos.