O Alcalde asiste ao I Ciclo de Cine-Concertos da Sociedad Filarmónica de Monforte

Monforte de Lemos, 7 de setembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tentente de Alcalde, Gloria Prada, asistiron este sábado, 6 de setembro, á proxección do filme “O Navegante”, de Buster Keaton, coa música en directo a cargo do grupo galego Caspervek, que interpretou partituras orixinais. O acto está enmarcado no I Ciclo de Cine-Concertos que organiza a Sociedad Filarmónica de Monforte co gallo do 75 aniversario da súa fundación.

O Concello de Monforte de Lemos colaborou no evento, que tivo lugar na Casa de Cultura, as 20.00 horas. A proxección estaba prevista inicialmente na Praza de España, pero a organización decidiu  trasladala á Casa da Cultura por cuestións meteorolóxicas.

Numeroso público desfrutou do filme, unha das películas máis exitosas de Buster Keaton na que o humor se mestura coa crítica social, e da banda sonora creada e interpretada en directo por Caspervek, un grupo referente nos cine-concertos de cine mudo.