Monforte de Lemos, 22 de xuño de 2025. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Medio Ambitente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de deportes, José Manuel Mougán e a Concelleira de Consumo, Regina López asistiu onte pola noite ó Acto organizado pola Coral de Renfe de Monforte de Lemos, co que quixeron conmemorar o seu 65 Aniversario.
O cartel desta celebración estivo conformado pola actuación de tres corais que ofreceron un completo repertorio de música popular e de Galicia: a Coral Encantiño de Barra de Miño, a Coral Polifónica do Concello de Sarria e a Coral Renfe de Monforte de Lemos, que actuaron en solitario durante case dúas horas para rematar o acto, interpretando todos xuntos o Himno de Galicia acompañados do público asistente.
Ó remate do Acto que contou tamén coa colaboración do periodista Rafa Aguiar que presentou o evento, O Alcalde, fixo entrega de agasallos conmemorativos ós directores das dúas corais que viron de fora para participar neste Acto de celebración dos 65 anos da Coral de Monforte, ó tempo que recolleu de mans do membro de maior antiguedade da Coral, un agasallo de agradecemento polo apoio continuo que o Equipo de Goberno mostra con eles e especialmente, neste acto organizado pola Coral Renfe.