O Alcalde asiste ó XXIV Festival de Habaneras Concello de Monforte de Lemos, que encheu de público a Praza de España.

Monforte de Lemos, 29 de xuño de 2025. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros e concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, de Consumo, Regina López e Muller e Igualdade, Margarita López,  asistiu onte pola noite á 24ª edición do Festival de Habaneras de Monforte.

O Festival celebrouse na Praza de España, que se encheu de público para desfrutar da actuación das tres corais que participaron nesta nova edición do Festival de Habaneras que organiza o Concello de Monforte e que este ano por primeira vez, se celebrou no mes de xuño facilitando a súa celebración na Praza de España.  

O cartel deste ano estivo conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: a Coral Polifónica Sporting Club Casino de A Coruña e Masa Coral Laviana de Asturias.

Coral Polifónica Sporting Club Casino de A Coruña

A Coral Polifónica do Sporting Club Casino da Coruña presentouse por primeira vez ante o público o 27 de marzo de 1992, baixo a dirección de Joaquín Grau Murcia, como unha actividade sociocultural desta centenaria entidade. Dende entón, a súa traxectoria está marcada tanto pola vocación vocal como solidaria e, por iso, é habitualmente requirida en eventos benéficos de todo tipo. Participa regularmente en festivais de habaneiras e música de Nadal, intervén nos ciclos de concertos corais que patrocina a Deputación da Coruña —actualmente baixo o nome de Alicerce— e achega a súa nota de emoción ás celebracións relixiosas da Semana Santa da súa cidade, sen descoidar nunca a calidade vocal e interpretativa.Coral Polifónica Albricias de Maceda (Ourense), e o Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales (Cantabria).

Masa Coral de Laviana – Asturias

A Masa Coral de Laviana ven desenvolvendo, dende a súa fundación en 1977, unha grande labor de difusión da cultura musical en todo o Val do Nalón sendo unha das corais mais veterana de Asturias.

Interpreta composicións medievais, renacentistas, barrocas e clásicas, destacando a polifonía asturiana, así como as habaneiras e o cancioneiro popular. É de salientar a súa intervención ante a Familia Real con motivo da proclamación de S.A.R. Don Felipe de Borbón como Príncipe de Asturias, en Covadonga. Participou de maneira destacada na 4ª Copa de Europa de Coros celebrada en Knokke Heist. A súa última actuación no estranxeiro tivo lugar na Igrexa da Inmaculada Concepción do Vieux Marché de Bruxelas (Bélxica), organizada coa colaboración da Casa de Asturias. Desde hai trinta e cinco anos organiza o MES CORAL no que, durante todos os sábados do mes de outubro, actúan en Laviana agrupacións corais de toda España. Baixo o título “28 ANOS CANTANDO” publicou o seu primeiro disco en formato CD. En febreiro de 2012 gañou o 2º Premio do Certame de Habaneras e Canción Mariñeira Vila de Lluanco, na modalidade de voces mixtas. En 2017, con motivo do 40 aniversario e a organización do XXXII Mes Coral, foi distinguida por FECORA co Premio “AXUNTÁBENSE”.

Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos

Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas, o seu repertorio inclue música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…

Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Na nosa comunidade a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc...Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc.. Destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal). No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada. A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez.

Cada unha das corais interpretou cinco composicións de estilo variados pechando o Festival coa interpretación conxunta de dúas composicións “VA PENSIERO” da ópera Nabucco   Giuseppe Verdi e O VOSO GALO COMADRE (Popular galega), co que pecharon unha nova edición do Festival de Habaneras que organiza o Concello de Monforte e que resultou de novo un éxito de asistencia de público.

O Alcalde, acompañado pola concelleira de Cultura fixo entrega dunha réplica da Torre da Homenaxe ós directores das dúas corais que viron de fora para participar nesta 24ª edición do Festival de Habaneras.