O Alcalde de Monforte, José Tomé, convoca a unha reunión extraordinaria da Xunta de Goberno ás 9:30 h., e a Aqualia a unha reunión con carácter urxente, ás 11:30 h. ante as roturas reiteradas na rede de abastecemento.

Monforte de Lemos, 20 de maio de 2025. Ante as reiteradas avarías na rede de abastecemento de auga nas zonas da Lagoa-Reboredo e Escultor Francisco Moure, o Alcalde do Concello de Monforte, convoca unha reunión extraordinaria da Xunta de Goberno para acordar medidas a levar a cabo,  e ven de citar a unha reunión con carácter urxente á empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento de Monforte, FCC  Aqualia, mañá, mércores 21 de maio, ás 11:30 horas, para analizar a situación creada e buscar unha solución axeitada que resolva os problemas existentes na actualidade.

Ese mesmo día, ás 17:30 horas, o Alcalde, José Tomé Roca, fará unha rolda de prensa para informar a través dos medios de comunicación, a todos os veciños de Monforte, das actuacións que se levarán a cabo, para solventar a situación actual de avarías reiteradas na mesma zona.