O Alcalde cualifica á edición de 2025 das Festas Patronais na honra da Virxe de Montserrat, como un éxito en todos os sentidos.

Monforte de Lemos, 18 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de facer unha primeira valoración das Festas Patronais que cualifica “de éxito rotundo en todos os sentidos”. As actuacións estelares foron cualificadas polo Alcalde como “espectaculares, con unha masiva asistencia de público e gran satisfacción dos asistentes ós concertos tal e como se desprende da resposta do público ós diferentes espectáculos” .

O Alcalde tamén mostrou a súa satisfacción polo resto de programación que se desenvolveu durante estes seis días de festas e que tamén cualifica como un éxito, con un público volcado cos espectáculos que se desenvolveron tanto na Praza de España, como no Cardenal e nas diferentes rúas da cidade, o que confirma que as Festas Patronais de Monforte son moito mais que os concertos estelares gratuítos organizados polo Equipo de Goberno.

José Tomé que fixo un repaso de cada unha das xornadas festivas salientou o mais destacable de cada día, “estou plenamente satisfeito coa elección da pregoeira deste ano, Dona Manuela Sáez, considerada por todos con gran respecto e admiración e que fixo un pregón cualificado por moitos dos asistentes asiduos ó pregón das festas patronais, como un dos mellores que se fixeron nos últimos anos”.  “Tamén teño que transmitir a miña satisfacción pola actuación do Grupo A Roda, que o luns pola noite encheu a Praza de España dun público entregado ó espectáculo que ofreceron estes cinco artistas de gran traxectoria profesional”.

“En canto ó martes, tanto o Festival cómico festivo como as actuacións de Xograres de Lemos e da Orquestra de Música do Conservatorio Mestre Ibáñez do Concello de Monforte, contaron con moita afluencia de público que mostrou a súa satisfacción cos espectáculos que fixeron e sen lugar a dúbidas, as actuacións de pola noite, tanto a do Grupo América de Vigo como a da Orquestra Panorama, resultaron un éxito rotundo, tanto polo reclamo de público que abarrotou a Praza da Compañía, como polo espectáculo propiamente dito de ambas orquestras que nunca defraudan ó seu público”- continuou  a explicar Tomé.

 O mércores, que eu prognosticaba como o mais complicado por ser o día seguinte lectivo e día de traballo, foi tamén de gran éxito e tanto o grupo As Searas como a actuación principal de Coque Malla, resultaron de gran aceptación entre o público asistente a ambos concertos.

O mesmo podemos dicir das actuacións do xoves día 14, tanto os espectáculos de día co Festival Cómico Festivo como o concerto da banda de acordeóns o Folión e por suposto, os concertos da noite, na Praza da Compañía, Movilla y los Irrepetibles, os Gin Toni`s e o Concerto estelar, do Grupo Dorian, contaron con gran asistencia de público e unha Praza da Compañía ateigada dun público entregado ós espectáculos propostos pero sen dúbida o venres e sábado foron os días de mais asistencia de público, os concertos tanto de Abraham Mateo como de Nil Moliner foron espectaculares, a xente conectou cos artistas en todo momento, interactuando todo o tempo con eles e as valoracións que facían ó saír de ambos concertos eran de plena satisfacción.

Non quero esquecerme das dúas sesións de Fogos Artificiais, tanto a do día 15 dende San Vicente como a do sábado, día 16, no paseo do Malecón, que resultaron un éxito total tamén, quizá os mais espectaculares vividos ata o momento, cunha execución perfecta e gran aceptación do público que asistiu masivamente para ver a proposta deste ano e que tal e como explica o Alcalde, “será difícil que se poidan superar”,

“Si a todo isto lle unimos que non houbo que lamentar ningún tipo de incidencia nos seis días de Festas Patronais, nos que todo se desenvolveu con normalidade, a pesar da gran cantidade de persoas que viñeron ás Festas Patronais e dende tantos puntos de Galicia e de España, a valoración que fago desta edición de Festas de agosto, non pode ser mellor. A inversión feita, con gran esforzo por parte do Equipo de Goberno, mereceu a pena con creces, baixo o meu punto de vista, xa que o retorno económico para os negocios de Monforte é importantísimo pola gran cantidade de xente que nos visitou durante estes seis días” concluíu o Alcalde nas súas valoracións.