O Alcalde fai entrega do trofeo do Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte, resultando vencedor o Club Lemos

Monforte de Lemos, 20 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán fixo entrega na tarde de onte do trofeo ó equipo gañador do Torneo Festas Patronais de Monforte.

O torneo, que se disputou no estadio de fútbol de A Pinguela, enfrontou onte pola tarde ás 20:30 horas ó Club Lemos coa C.D. Barco con un resultado final de 2-1 que serviu para proclamar ó Club Lemos como gañador do Torneo de Fútbol das Festas Patronais de Monforte 2025.

O torneo que tiña que disputarse o pasado venres día 15, día principal das Festas Patronais, tivo que ser aplazado pola imposibilidade de desplazarse a Monforte do conxunto valdeorrés, motivo polo que se celebrou na tarde de onte.

O Alcalde fixo entrega ó capitán do Lemos dunha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, foi o encargado de entregar o trofeo de segundo clasificado ó capitán do C.D. Barco, nunha xornada que se viviu con emoción ata os últimos minutos do encontro e con numeroso público, que quixo desfrutar da evolución do Lemos nesta fase de preparación, antes de comezar a liga.

O Torneo foi organizado polo Club Lemos e contou coa colaboración do Concello monfortino.