O Alcalde inaugura a 7ª edición Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, coa participación de 3O adegas

Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de onte, a sétima edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebra dende onte venres do ata o domingo 6 de xullo, no paseo do Malecón da cidade.

No acto, estivo acompañado por unha ampla representación institucional, ademais do pregoeiro desta edición, que foi José Luis Iravedra, Presidente da Asociación Cultural e Gastronómica “O Tizón”.

O certame conta coa presencia de 30 adegas, ademais de 12 postos de gastronomía, obradoiros infantís, duas VinoRutas pola Ribeira Sacra, dous obradoiros e unha Masterclass para adultos relacionados coa Cata de Viños da Ribeira Sacra.

O viño, un dos piares esenciais na economía de Monforte e da Ribeira Sacra

O Festival do Viño da Ribeira Sacra é unha iniciativa do Concello de Monforte que botou a andar en 2017 en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, e que naceu debido a que o viño foi o elemento central do desenvolvemento e do crecemento exponencial que tivo a Ribeira Sacra nos últimos 25 ou 30 anos en todos os aspectos, cultural, paisaxístico, gastronómico, artesán, turístico e no sector vitivinícola. “promocionar os nosos viños é o mesmo que promocionar a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

Desta forma, dende o Executivo de José Tomé, para levar a cabo esta promoción ideouse unha proposta diferente cun amplo e completo programa de actividades que xiran en torno ó viño, que é o auténtico protagonista do Festival. “O traballo feito polo sector do viño nas últimas tres décadas, merece este esforzo, e danos argumentos para sentirnos orgullosos do que temos alcanzado”, destacou o Alcalde.

“Esta mostra de viño”, salientou o Alcalde, “formada por adegas que representan ás distintas subzonas da D.O. Ribeira Sacra, reforza a imaxe do sector vitícola e dun destino turístico que xira, entre outras cousas, entorno á cultura do viño. Un turismo de experiencias, familiar, tranquilo e de calidade, que son as mesmas características que posúe o noso Festival”.

O sector do viño é hoxe unha peza clave na economía da comarca, e nel compaxínase a tradición do cultivo en terraza coa innovación tecnolóxica na elaboración dun viño de calidade en bodega, que compite con calquera denominación do Estado español, e tamén no eido internacional, como atestigüan os premios acadados nos eventos estranxeiros.

Tamén aludiu José Tomé ó “momento actual de dificultade que pode estar a atravesar o sector do viño”, a pesares do cal, “o sector ten por diante un gran potencial, e temos que contribuír a que siga medrando, buscando novas estratexias de posicionamento nos mercados e novas fórmulas de atracción para clientes e turistas, anunciando que dende a Institución Provincial que preside, a Deputación de Lugo, se asinará en breve, un convenio coa D.O para seguir modernizando a viticultura e previr enfermidades da vide”.

 

O Concello seguirá apostando polo Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Cabe destacar que a imaxe deste Festival é cada vez máis importante tanto na provincia de Lugo, como en Galicia e no resto do Estado, segundo se lle transmite ó Concello dende diferentes localidades, administracións e persoas que visitan Monforte, motivo polo que o Executivo de Tomé seguirá apostando pola realización do Festival neste formato.

“Este evento pon o colofón ás magníficas Feiras do Viño que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe e da nosa Comarca. Aunamos así esforzos a prol de ese obxectivo común que é por en valor os nosos viños. Eu sempre digo, que xuntos ofreceremos máis e mellores posibilidades para que a xente que nos visita, quede satisfeita e volva, ou recomende visitar a Ribeira Sacra”, subliñou o rexedor monfortino.

“Estou convencido” apostillou o rexedor monfortino, “de que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte seguirá sendo un evento de referencia no sur da provincia de Lugo, que nos reunirá cada primeira fin de semana de xullo neste marco incomparable á beira do Cabe”.

E animou a todos os monfortinos e visitantes a participar nel ata o domingo porque “este é un evento para desfrutar o viño, nun ambiente tranquilo, cos amigos, coa familia, ou como crea cada persoa que é máis conveniente dende o punto de vista individual ou colectivo. Por iso, este é o Festival de todos os que amamos o viño da Ribeira Sacra”.

José Luis Iravedra, Presidente da Asociación Cultural e Gastronómica “O Tizón”. Pregoeiro oficial da 7ª edición do Festival do Viño

Tras a intervención do Alcalde, tomou a palabra o pregoeiro oficial desta sétima edición, José Luis Iravedra que puxo en valor a súa relación con Monforte de Lemos dende fai décadas, e quixo lembrar a súa posta en marcha do Instituto da Pinguela na súa época como Inspector de Educación. Tal e como asegurou o Sr. Iravedra, Monforte para él está considerada como a súa segunda casa, da que se sinte moi orgulloso.

José Luis Iravedra quixo facer un recoñecemento ós viticultores, adegas, e distribuidores xa que o éxito conseguido na actualidade, é froito de o traballo que todos eles fixeron durante moitos anos, ata estar presentes nas cartas de viños dos mellores restaurantes e quixo poñer o acento na singularidade do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte pola súa singularidade tanto na súa imaxe como no escenario privilexiado no que se desenvolve, que fan deste Festival unha proposta única e irrepetible.

O Presidente da Asociación Cultural e Gastronómica “O Tizón” quixo tamén facer alusión a que o próximo obxectivo é conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e solicitou a unidade de todas as Administracións e demais partes da sociedade para conseguir unidos ese novo obxectivo de gran importancia para a Ribeira Sacra e para Galicia en xeral.

Ampla presencia de autoridades

Na inauguración oficial e visita ós stands das distintas adegas que conforman esta 7ª edición do Festival do Viño, o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, estivo acompañado, entre outras autoridades, pola Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, os Deputados e Deputadas provinciais Pablo Rivera, Carlos López e José María Arias Fernández, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o Conselleiro Delegado Executivo da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín,  a presidenta do CCU de Monforte, Mari Carmen Núñez,  o presidente do C.R.D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, xunto a diversos vocais de dito Consello Regulador, a Xefa de Servizo de Coordinación Cultural da Xunta de Galicia, Águeda Valín, e a responsable da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, Beatriz Vila Freire.

Tamén estiveron presentes a Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, o voceiro do grupo socialista e concelleiro, Ibán Torres, os concelleiros e concelleiras de Sanidade, Pilar Espinosa, de Servizos, José Luis Losada, de Cultura, Marina Doutón, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, de tecnoloxía e innovación, Guillermo Díaz e de Muller e Igualdade, Margarita López, a voceira do grupo popular, Katherinie Varela, e os concelleiros José Luis Rodríguez e María Luisa Vázquez, e o voceiro do BNG, Emilio López e o concelleiro Manuel Luaces.

Ó acto inaugural, acudiron alcaldes e alcaldesas da provincia de Lugo: Ferreira de Pantón, José Luis Álvarez,  Sober, Luis Fernández, Ribas de Sil, Roberto Castro, Quiroga, José Luis Rivera, O Saviñao, Juan Carlos Armesto, Bóveda, José Manuel Arias, e a Tenente Alcalde do Concello de Paradela, Ana Belén López. Finalmente tamén estiveron presentes representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, como o Oficial da Policía Local, Néstor Álvarez, D. José Ramón Fernández López, Inspector Xefe do Corpo da Policía Nacional de Monforte, Dña. Mª José Moreno López, Capitán Xefe da Compañía de Monforte de Lemos, D. Raúl Álvarez Álvarez, Sarxento Primeiro Comandante do posto de Monforte e D. Carlos Raúl Sánchez Álvarez, Sarxento Xefe Interino do Destacamento de Tráfico de Monforte de Lemos, así como adegueiras e adegueiros e outras personalidades de Monforte e da comarca de Lemos.

 

Adegas participantes e Zona de gastronomía

As 30 Adegas participantes nesta sétima edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, constitúen unha magnífica mostra de todas as subzonas que temos neste territorio e  son:

1.  A Man de Prado

2.  Aba Solleira

3.  Abadía da Cova

4.  Adega Vella

5.  Algueira

6.  Alma das Donas

7.  Alouviño

8.  Asolagados

9.  Cividade

10.Condado de Sequeiras

11.Corzoás

12.Cruceiro

13.Don Bernardino

14.EDV

15.Finca Cuarta

16.Finca Míllara

17.Galanteiro

18.Guímaro

19.Gullufre

20.Lucenza

21.Malcavada

22.Mauricio Lorca

23.Ohmio

24.Petrón

25.Peza do Rei

26.Proencia

27.Regina Viarum

28.Tear

29.Tolo do Xisto

30.Viña Vella

 

Ademais, o Festival conta cunha Zona de Gastronomía que contribuirá a acompañar mellor a degustación dos viños. Son un total de 12 participantes repartidos por todo o recinto, e ofrecerán produtos da zona, dende queixos, postos de xamón, xeados artesáns, panaderías, ata racións máis elaboradas feitas por restaurantes de Monforte de Lemos.

Os integrantes desta zona gastronómica son:

1.  Queso negro Buleri

2.  Lácteos Ribeira Sacra

3.  Embutidos Valentina

4.  Tres Fuciños Porco Celta

5.  Xamóns D. Francisco

6.  Xamóns Roberto

7.  Helados Xeou

8.  Panadería Fernández

 9. Panadería La Luna

10.Restaurante Bocalino

11.Restaurante Manuel Bistró

12.Cervecería-Tapería O Toxo