O Alcalde inaugura a XXVI Feira do Libro de Monforte na rúa do Cardeal, que se celebrará ata o sábado 23 de agosto

Monforte de Lemos, 20 de agosto de 2025. O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de hoxe a 26ª edición da Feira do Libro de Monforte. No acto estivo acompañado polo representante da Federación de Librarías de Galicia, Jacobo Rodríguez Agrasar, o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, a Deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro Fernández, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón así como diversos membros do Equipo de Goberno e a Corporación Municipal.

O pregón correu a cargo da escritora e ilustradora Estefanía Padullés, que está especializada en literatura infantil, catalá de nacemento e galega de adopción, que por decisión propia decidiu instalarse na nosa provincia en busca de contacto coa natureza, tranquilidade e calidade de vida, tal e como relata ela mesma, aínda que sería un pouco mellor, tal e como lle dixo a Alcalde no seu descurso “se estivese empadroada en Monforte”.

José Tomé Roca destacou, na súa intervención, as inquietudes artísticas da pregoeira que se desenvolven principalmente con respecto a tres disciplinas: a creación de libros infantís, as ilustracións para traballos doutros autores e tamén hai que destacar a súa faceta como muralista.

Tal e como afirmou o Alcalde, “estamos polo tanto, ante unha escritora con innegable talento artístico que recrea un mundo de animais e monstruos que espertan tenrura, un mundo tamén de personaxes históricos, co que os mais cativos, poden explorar problemáticas diferentes e como solventalas, aínda que para mín iso do monstruo e a tenrura é algo difícil de encaixar”

Finalmente, José Tomé animou na súa intervención “a todos os monfortinos e monfortinas, así como ás persoas que nos visitan estes días, a que se acheguen esta 26ª Feira do Libro de Monforte, neste marco incomparable como é esta rúa do Cardeal, para coñecer as novidades literarias e agradeceu a presencia tanto da pregoeira, coma dos libreiros e libreiras na Feira, así como dos escritores e escritoras, que asinarán nestes días as súas obras.

A comitiva institucional encabezada polo Alcalde visitou as 6 casetas protagonistas desta 26ª edición da Feira do Libro de Monforte, organizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello de Monforte. Esta Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada por librarías de toda Galicia, que leva 47 anos ó servizo do sector.

Hai que destacar a presenza de varios escritores e escritoras da Ribeira Sacra, dos que, dez son naturais del sur da provincia ou están vinculados con este territorio. Podemos citar á pregoeira desta edición, Estefanía Padullés, Luis Colder, seudónimo do monfortino Luis Antonio Cortiñas, Andrea Micc, natural de Pantón, que se deu a coñecer en 2023 coa obra “Crónicas de Vanusum”, Carlos Padilla, con raíces familiares en Monforte, e que publicou a novela “La vanidad y los buitres”, que está ambientada na comarca de Lemos, Gloria Guerrero, e Fina Maciolas, ademáis de Yolanda Álvarez, de Bóveda e Sonia Arias de Paradela.

Por outro lado, tamén terán presenza na Feira do Libro de Monforte de Lemos nesta edición a escritora Olga Novo, e o arquéologo Xurxo Ayán que participarán na firma de exemplares o sábado 23 a partir das 20:30 horas. Con todos eles, tal e como subliñou o Alcalde, “potenciaremos e daremos a coñecer o talento literario que temos na nosa comarca e tamén no conxunto da provincia de Lugo e de Galicia”.

 

PROGRAMACIÓN DA 26ª FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE

A XXVI Feira do Libro de Monforte de Lemos poderá visitarse ata o sábado 23 de agosto. As 6 casetas estarán abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela), Libraría Cartabón (Vigo), Librería Ula (A Coruña), Librería Agrasar (Monforte), Librería Entre Libros (Monforte) e Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

A Feira do Libro de Monforte conta cun completo programa de actividades, no que se inclúen Seis casetas, ducias de autores, eventos para toda a familia, sinaturas e presentacións. Coa Feira do Libro de Monforte, a Federación de Librarías de Galicia dará por rematada a tempada de feiras de 2025, e que ten 13 citas por toda Galicia.

A programación deste ano da Feira do Libro de Monforte inclúe a presencia de varios escritores da Ribeira Sacra, e tamén escritores do resto de Galicia. A través deles, potenciarase e darase a coñecer o talento literario existente na Ribeira Sacra e tamén en Galicia.

Todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina, contarán cun desconto do 10%.

 

MÉRCORES 20 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

19:00 h     Acto inaugural da Feira do Libro de Monforte, pregón a cargo de Estefanía Padullés e  inauguración a cargo do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca.

20:00 h    Contacontos A egua de Breogán con Estefanía Padullés

CASETAS LIBRARÍAS

19:00 h     Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de  Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola

19:00 h     Salva Garciá asina El precio del poder humano na caseta da libraría Entre libros

19:00 h    Marta Argüelles asina Volcánidas na caseta da libraría ULA libraría social

19:30 h     Inma Soto asina Xela a superheroína de aldea e Xela, aventura en el bosque na caseta da libraría Agrasar

20:30        Gloria Guerrero asina Verbas do corazón na caseta da libraría Agrasar

 

XOVES 21 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

19:00        Teatro para familias: Pablísimo representa a obra Cabicivai

20:00        Presentación recital: participan Andrea Nunes con Mapa de estría e Miguel Cavada con Himno nacional

CASETAS LIBRARÍAS

11:00        Andrea Parada asina Una falsa perfección na caseta da libraría Entre libros

11:00        Antía Martín asina Amores extraños na caseta da libraría Agrasar

12:00        Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola

12:00        Estefanía Padulles asina todos os seus libros na caseta da libraría Agrasar

19:00        Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola

19:00        Fina Maciolas asina Unha árbore, un poema e o seu sentir na caseta da libraría Entre libros

20:30        Rosalía Val asina Punto y coma na caseta da libraría Agrasar

 

VENRES 22 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

19:00        Teatro para familias: Pedras de cartón representa a obra Carapuchiña vermella

20:00        Cristina Pato presenta Fora de foco

20:45        Rober Cagiao presenta A dama de Anboto acompañado pola xornalista María Nieto

CASETAS LIBRARÍAS

11:00        Maritere Fernández asina Candy y los caballos na caseta da libraría Entre libros

12:00        Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola

12:00        Javier Fraiz asina Amar/Azar na caseta da libraría Agrasar

13:00        Rober Cagiao asina La dama de Anboto na caseta da libraría Agrasar

19:00        Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola

19:00        Eva Riobó asina Doncella de hierro na caseta da libraría Entre libros

19:00        Arantza Portabales asina Asesinato na casa rosa na caseta da libraría Agrasar

20:00        Nuria Díaz asina Charlie Chaplin el pequeño vagabundo na caseta da libraría Agrasar

21:00       Carlos Padilla asina La vanidad y los buitres na caseta da libraría Agrasar

 

SÁBADO 23 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

11:00        Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia. Patrocinado por Deleite (2 horas)

19:00        Teatro para familias: Teatro Ghazafelhos representa a obra Contamos Contos de lobos

20:00        Contacontos Bota e zapato con Yolanda Álvarez

21:00        Poesía Micro aberto

 

CASETAS LIBRARÍAS

11:00        Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum na caseta da libraría Entre libros

11:00        Yolanda Álvarez asina Zapato e bota na caseta da libraría Agrasar

12:00        Sonia Arias asina Antes pasábase por aquí na caseta da libraría Agrasar

12:30        Xosé de Cea asina O que estou a dicir cando digo Altri Non na caseta da libraría ULA libraría social

13:00        Óscar Guzmán asina Pero...como morren as pegas? na caseta da libraría Agrasar

19:00        Ana Rocha asina Sendero de la lavanda na caseta da libraría Entre libros

19:00        Silvia Tasende asina O espírito das maceiras na caseta da libraría ULA libraría social

19:30        Luis Colder asina Código hobo na caseta da libraría Agrasar

20:30        María Besteiros asina Ítaca na caseta da libraría ULA libraría social

20:30        Xurxo Ayán e Olga Novo asinan Repil 20 de abril de 1949 na caseta da libraría Agrasar

 

 Programa XXVI Feira do Libro de Monforte