
Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, inaugurou a Festa da Empanada e da Larpeira de Monforte, festa gastronómica popular que se celebrou na xornada deste domingo 17 de agosto na área de recreo de Ribas Altas.
Numeroso público encheu esta área recreativa, nunha das festas con máis tradición das que se organizan no Concello, que se desenvolveu dende o mediodía coa tradicional comida de polvo, e empanadas para proseguir con unha sobremesa amenizada con música e o xa tradicional sorteo de agasallos, que este ano consistiron nun xamón, un queixo e dúas caixas de botellas de viño.
Tralo sorteo de agasallos, procedeuse á entrega dos premiados no concurso de empanadas e larpeira para continuar coa festa e co baile da festa da Empanada que está organizada pola Asociación de veciños de Ribas Altas e conta coa colaboración do Concello de Monforte.