Monforte de Lemos, 31 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que tal e como está previsto no programa do Verán Cultural do Concello, dende mañá, luns dia 1 de setembro, e ata o próximo mércores dia 3 se celebrarán os últimos concertos da 4ª edición do Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos.
Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e tivo continuidade tanto no ano 2023 como o ano pasado e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2025, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuación de grupos monfortinos. Tan é así o éxito acadado, que se constituíron nestes tempos novos grupos de músicos locais”, subliña o Alcalde.
Neste senso, o ciclo é “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais, que ademais contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.
O ciclo, no que participan 12 grupos monfortinos, desenvolveuse en dúas fases, unha en varias datas do mes de agosto, os días 18, 19 e 20, na que actuaron os grupos CERO2CERO e MALENNE, COOL FLANDERS e DINOSAURIOS e SOFÍA BAND e SEGUNDA PARTE e a outra que comeza este luns e que dura ata o próximo mércores día 3 de setembro, na que actuarán outros seis grupos monfortinos pechando a edición deste ano, 2025.
LUNS 1 SETEMBRO
- 22:30 H PRAZA DA COMPAÑÍA DELOREANS
- 00:00 H PRAZA DA COMPAÑÍA LOS JINETES DEL TRÓPICO
MARTES 2 SETEMBRO
- 22:30 H PRAZA DA ESTACIÓN NECTARINE SOUL
- 00:00 H PRAZA DA ESTACIÓN DEUCE
MÉRCORES 3 SETEMBRO
- 22:30 H PRAZA DE ESPAÑA GALGA BLUES BAND
- 00:00 H PRAZA DE ESPAÑA BELLA CHAOS
Este ciclo de concertos é “unha aposta firme do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinala o Alcalde. “En definitiva, o noso obxectivo é poñer en valor ós grupos musicais da cidade, incluíndoos no Programa do Verán Cultural, e dándolles así o recoñecemento que merecen”.