O Alcalde informa que un total de 30 candidaturas presentaron solicitude para participar no Concurso de Premios do Deporte 2025

Monforte de Lemos, 25 de maio de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que foron 30 as candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2025, que un ano máis organiza o Concello de Monforte.

“O noso obxectivo”, resalta o Alcalde “é poñer en valor os resultados e o traballo que desenvolven atletas e clubs da nosa cidade ó longo do ano, neste caso referido ó ano 2024. Afortunadamente, en Monforte temos deporte dun excelente nivel en moitas modalidades deportivas con clubs e deportistas individuais que acadan grandes resultados tanto a nivel rexional, como nacional e algúns incluso mundial e eses resultados son froito de moito esforzo e sacrificio, motivo polo que, dende o Concello, queremos premiar e recoñecer, todo o traballo que fan os nosos deportistas ”.

Formalizadas xa todas as candidaturas, o seguinte paso será elixir ós/ás gañadores/as de cada unha das categoría que se establecen.

As candidaturas presentadas foron as seguintes

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO

CANDIDATO

MODALIDADE DEPORTIVA

 

 

IKER FERNÁNDEZ CODESIDO

ATLETISMO

ALEJANDRO LOSADA RODRÍGUEZ

TAEKWONDO

MARTÍN LÓPEZ GONZÁLEZ

BALONCESTO

RAMÓN XENXO LÓPEZ DÍAZ

TIRO OLÍMPICO

ELOI LÓPEZ RODRÍGUEZ

BALONCESTO

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA

CANDIDATA

MODALIDADE DEPORTIVA

LUCÍA ROCA RODRÍGUEZ

TAEKWONDO

 

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA

CANDIDATO

MODALIDADE DEPORTIVA

LUCAS PAVÓN SANMARTÍN

PESCA

ISMAEL RODRÍGUEZ NIEVES

ATLETISMO

GAEL DÍAZ DE LA FUENTE

TAEKWONDO

GABRIEL PINTO ÁLVAREZ

TAEKWONDO

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA

CANDIDATA

MODALIDADE DEPORTIVA

AINOA ARIAS FERNÁNDEZ

BALONCESTO

SARA PÉREZ PALLÍN

ATLETISMO

LOLA DÍAZ RODRÍGUEZ

TAEKWONDO

ANDREA GUDÍN PÉREZ

NATACIÓN

INÉS CASAL PEÑA

TAEKWONDO

 

CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A

CANDIDATO/A

MODALIDADE DEPORTIVA

ICÍA MARCOS GARCÍA

TAEKWONDO

 

 

 

CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A

CANDIDATO/A

MODALIDADE DEPORTIVA

VERÓNICA ARIAS

BALONCESTO

EMILIO BELTRÁN DÍAZ

NATACIÓN

JOSÉ MARÍA VEGA

TAEKWONDO

 

CATEGORÍA MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE

CANDIDATO

MODALIDADE DEPORTIVA

CLUB DE TIRO OLÍMPICO CABE

TIRO OLÍMPICO

C.B. VAL DE LEMOS

BALONCESTO

CLUB PESCA RÍO CABE

PESCA

CLUB TAEKWONDO NEKA

TAEKWONDO

 

CATEGORÍA MELLOR EQUIPO DE CATEGORÍA ABSOLUTA

CANDIDATO

MODALIDADE DEPORTIVA

EQUIPO VETERANAS C.B. VAL DE LEMOS                                                                   

BALONCESTO

C.N.MONFORTE

                              NATACIÓN

                                                                             

CATEGORÍA MELLOR EQUIPO CATEGORÍA DE BASE

CANDIDATO

MODALIDADE DEPORTIVA

EQUIPO ALEVÍN C.B. VAL DE LEMOS

BALONCESTO

C.N. MONFORTE

NATACIÓN

 

CATEGORÍA DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO

CANDIDATO

MODALIDADE DEPORTIVA

C.B. VAL DE LEMOS

BALONCESTO

MANUEL BESTEIRO RODRÍGUEZ

ATLETISMO

C.N. MONFORTE

NATACIÓN

 

Os membros do xurado, que presidirá o Alcalde de Monforte, José Tomé e estará formado ademais polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán e catro persoas máis relacionadas co deporte local, provincial ou autonómico, terá como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e elixir a cada un/unha dos/as galardoados/as.

O resultado das votacións do xurado daranse a coñecer na Gala do Deporte con data aínda por establecer.