Monforte de Lemos, 6 de agosto de 2025. O Alcalde informa aos monfortinos e monfortinas da posta en marcha dende este xoves día 7 de agosto, do dispositivo especial de tráfico que vai a levar a cabo a Policia Local de Monforte, co motivo da celebración das Festas Patronais entre os días 11 e 16 de agosto.
A Policía Local de Monforte, elaborou un amplo e completo dispositivo que regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento, para facilitar a circulación de vehículos durante os dias que se realicen os traballos de preparativos para as Festas Patronais, os días de celebración das mesmas e os días posteriores, nos que se realizan os traballos de desmontaxe das atraccións e palcos musicais.
Tal e como se desprende do informe da Policía Local, as actuacións en materia de tráfico que se levarán a cabo, son as seguintes:
Primeira. Peche do estacionamento do Parque dos Condes.
Por ser necesario para albergar as principais barracas e atraccións das festas, procederáse ao peche do estacionamento no Parque dos Condes dende ás 23:00 horas do xoves día 7 de agosto ata a completa desmontaxe das citadas instalacións, que se prevé que rematará o luns 18 de agosto.
Como alternativa, ademais de manter aberto o aparcamento existente na rúa Sarria, abriráse ao público un solar sito en rúa Francisco Moure, pasando o paso a nivel, na marxen dereita, encima do edificio de Fenosa, que estará dispoñible ata a finalización das festas e reapertura do anterior, e instalarase sinalización orientativa da súa ubicación.
Achégase plano de ubicación.

Segunda. Supresións do estacionamento.
Para permitir a montaxe das barracas e postos das festas, dende o sábado día 09 de agosto, incluído, ata a finalización das festas e desmontaxe das atraccións e postos de venda, suprimiráse o estacionamento en rúa Compañía, pola marxe dereita no tramo fronte a “As Casitas”.
Dende o domingo 10 de agosto, incluído, suprimirase o estacionamento en ambas marxes da Rúa Compañía, zona quioscos ata o Paseo de Lugo e na marxe dos pares da rúa Dalmiro de la Valgoma, que permanecerá habilitada como vía de dobre sentido de circulación durante todos os días das festas.
Terceira. Cortes de tráfico.
Desde o día 11 ó 16 de agosto, ambos incluídos, desde ás 18:00 horas ata a finalización das actuacións, que se estiman aproximadamente ás 04:00 horas, o tráfico estará cortado na súa totalidade na rúa Compañía, así como no tramo de Escultor Francisco Moure que vai dende o seu inicio ata a confluencia coa rúa Sarria. No tramo de rúa Compañía que vai dende a bifurcación ata o Paseo de Lugo, o tráfico estará cortado as 24 horas, permitíndose o paso pola mañá dos días laborables a residentes e vehículos comerciais para carga e descarga.
Nese horario, o tráfico procedente do centro cidade será cortado na glorieta de Puente Fontecha e desviado por Roberto Baamonde – Av. Galicia – rúa Sarria/Celso Emilio Ferreiro e para acceder a Carude e A Pinguela seguirá por rúa Dalmiro de la Valgoma que estará en dobre sentido de circulación, polo que se suprimirá o estacionamento na marxe dos pares, e o que circule por rúa Escultor Francisco Moure será cortado a altura da rúa Sarria e desviarase por esta e por Av. Galicia, ata rúa do Conde ou Roberto Baamonde.
O venres día 15 de agosto, o tráfico de subida ao conxunto monumental de San Vicente desde o Campo da Virxe estará cortado desde as 10:00 h. ata a finalización dos actos de misa e ofrenda floral que se estima será sobre as 13:00 horas e dende as 23:30 horas ata a finalización do lanzamento dos fogos artificiais que se estima será sobre as 00:45 horas, tamén se prohibirá o estacionamento na subida.
O sábados día 16 de agosto, desde as 23:00 h ata a finalización dos fogos do río, que se prevé sobre a 00:40 da madrugada do día 17, estará cortado o tráfico en todo o Paseo do Malecón, así como na Ponte Vella e nas rúas de acceso a esta (Méndez Casal desde Campo de San Antonio) e Santa Clara desde o enlace con rúa Corredoira.
Igualmente, todas as datas das festas pecharase a rúa Duquesa de Alba entre ás 00:00 e as 08:00 h.
Todos os horarios e datas son orientativos, podendo ser modificados en función das necesidades que xurdan durante a celebración das Festas Patronais. En todo caso, instalarase sempre a sinalización correspondente.
O Equipo de Goberno quere solicitar e agradecer a colaboración aos cidadáns que se poidan ver afectados polas medidas que se adoptarán durante os dias que dure o dispositivo de tráfico das Festas Patronais de Monforte.