Monforte de Lemos, 30 de xuño de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que, a Gala do Deporte 2025 do Concello de Monforte, xa ten data e celebrarase o vindeiro luns 7 de xullo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte.
O Concello de Monforte organiza unha edición mais da Gala do Deporte, evento que ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs, adestradoras/as, técnicos/as e árbitros/as do noso Concello.
Unha vez finalizado o prazo de inscricións para presentar as propostas, foron 30, o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2024.
“O noso obxectivo”, resalta o Alcalde “é poñer en valor os resultados e o traballo que desenvolven atletas e clubs da nosa cidade ó longo do ano, neste caso referido ó ano 2024”.
Formalizadas xa todas as candidaturas, o xurado do concurso reunirase o vindeiro mércores 2 de xullo para valorar os méritos presentados por cada unha das candidaturas. O resultado das votacións do xurado daranse a coñecer na Gala do Deporte.
A edición deste ano 2025 terá lugar o Luns 7 de xullo ás 20:30 h. na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, e nela daranse a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2024 dun total de 30 candidaturas presentadas.
As candidaturas presentadas foron as seguintes:
|
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO |
|
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Iker Fernández Codesido |
Atletismo |
|
Alejandro Losada Rodríguez |
Taekwondo |
|
Martín López González |
Baloncesto |
|
Ramón Xenxo López Díaz |
Tiro Olímpico |
|
Eloi López Rodríguez |
Baloncesto |
|
|
|
|
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA |
|
|
CANDIDATA |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Lucía Roca Rodríguez |
Taekwondo |
|
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA |
|
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Lucas Pavón Sanmartín |
Pesca |
|
Ismael Rodríguez Nieves |
Atletismo |
|
Gael Díaz de la Fuente |
Taekwondo |
|
Gabriel Pinto Álvarez |
Taekwondo |
|
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA |
|
|
CANDIDATA |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Ainoa Arias Fernández |
Baloncesto |
|
Sara Pérez Pallín |
Atletismo |
|
Lola Díaz Rodríguez |
Taekwondo |
|
Andrea Gudín Pérez |
Natación |
|
Inés Casal Peña |
Taekwondo |
|
CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A |
|
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Icía Marcos García |
Taekwondo |
|
CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A |
|
|
CANDIDATO/A |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Verónica Arias |
Baloncesto |
|
Emilio Beltrán Díaz |
Natación |
|
José María Vega |
Taekwondo |
|
CATEGORÍA MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE |
|
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Club de Tiro Olímpico Cabe |
Tiro Olímpico |
|
C.B. Val de Lemos |
Baloncesto |
|
Club Pesca Río Cabe |
Pesca |
|
Club Taekwondo Neka |
Taekwondo |
|
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO DE CATEGORÍA ABSOLUTA |
|
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Equipo Veteranas C.B. Val de Lemos |
Baloncesto |
|
C.N. Monforte |
Natación |
|
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO CATEGORÍA DE BASE |
|
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
Equipo Alevín C.B. Val de Lemos |
Baloncesto |
|
C.N. Monforte |
Natación |
|
CATEGORÍA DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO |
|
|
CANDIDATO |
MODALIDADE DEPORTIVA |
|
C.B. Val de Lemos |
Baloncesto |
|
Manuel Besteiro Rodríguez |
Atletismo |
|
C.N. Monforte |
Natación |