O Alcalde participa do tradicional Festival Fin de Curso do Conservatorio Municipal de Monforte de Lemos.

Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou na tarde de onte no Festival Fin de Curso que o Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez organiza todos os anos, para compartir con familiares e veciños os coñecementos que os alumnos acadan durante o curso lectivo.

No transcurso do certame musical, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Consumo, Regina López, o Concelleiro de Tecnoloxía e innovación, Guillermo Días e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

O evento desenvolveuse ás 19 horas no auditorio do Multiusos e durante hora e media os alumnos e alumas, así como profesores e profesoras, deleitaron ó publico asistente con un repertorio moi variado, no que interpretaron pezas tanto de autores clásicos como contemporáneos, unhas obras de forma individual e outras en conxunto, que remataron coa actuación do coro e da orquestra de música do Conservatorio.

Ó remate da gala, o Director do Conservatorio, Fernando Sanmartino, quixo agradecer ó Equipo de Goberno, que sigan apostando por manter vivo o conservatorio, porque conscientes do esforzo que supón, é unha oportunidade que poden aproveitar os veciños de Monforte, para que os rapaces e rapazas completen a súa formación, xa que tal e como demostran numerosos estudios científicos, a música ten un gran impacto na aprendizaxe dos nenos/as e ten efectos moi positivos no desenvolvemento cognitivo das persoas, fortalecendo a memoria, a concentración e a creatividade.

Fernando Sanmartino tamén quixo felicitar aos alumnos matriculados neste curso, que superaron con éxito as ensinanzas impartidas e animounos a continuar coa súa formación musical, satisfeito dos resultados obtidos durante este ano lectivo.

Neste senso, queremos lembrar a todos os veciños que o prazo de matrícula para o novo alumnado do vindeiro curso 2025/26, continua aberto ata o 27 de xuño e as especialidades que se ofrecen son violín, piano, clarinete, trompa, guitarra, percusión, saxofón, trompeta, tuba e trombón de varas.

O Alcalde quixo felicitar aos rapaces e rapazas que participaron da Gala celebrada na tarde de onte, porque tal e como afirmou Tomé, “con esta mostra musical, damos a coñecer a actividade que se realiza no Conservatorio, tamén a oportunidade de que familiares e amigos poidan desfrutar dos coñecementos adquiridos polos rapaces e tamén creamos un escenario no que os alumnos se teñen que enfrentar as actuacións en público, que na maioria dos casos supón un reto para eles, axudándolles a vencer a timidez e o medo escénico que moitos deles senten as primeiras veces que saen ó escenario”.