O Alcalde participou no Acto Xubileo 2025 celebrado este domingo polo Excmo. Obispo de Lugo, Don Alfonso Carrasco Rouco, na Igrexa de San Vicente do Pino.

Monforte de Lemos, 11 de agosto de 2025.  O Alcalde de Monforte, José Tomé, participou na tarde de onte dos Actos do Xubileo 2025 celebrados na nosa cidade polo Excmo. Obispo de Lugo, Don Alfonso Carrasco Rouco, que tiveron lugar na Igrexa de San Vicente do Pino e que se está a celebrar dende o 24 de decembro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2026 en todas as diócesis e comunidades católicas do mundo.

Trala proclamación do ano 2025 como Ano Xubilar Ordinario polo Papa Francisco, foi considerado como un tempo de graza e renovación espiritual para a Igrexa Católica, e unha oportunidade para recuperar a esperanza e a confianza  nun mundo a miúdo marcado pola incertidume e a desesperanza.

O acto desenvolveuse dende as 19:00 horas, unha vez que o Alcalde de Monforte recibiu ó Excmo. Obispo de Lugo no Campo da Virxe,  para acompañalo e dar comezo á peregrinaxe ata a Igrexa de San Vicente e proceder á Celebración Penitencial que consistiu nunha novena e eucaristía e a posterior procesión de antorchas acompañando á Virxen de Montserrat.

Ó Acto tamén acudiron a Tenente Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Consumo, Regina López, ademais doutros membros da Corporación Municipal como Katy Varela e María Luisa Vázquez.