Monforte de Lemos, 21 de setembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu este domingo á tradicional romaría do San Mateo, que se celebrou na parroquia de A Parte. Acudiu á cita acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, co que participou nos actos festivos que se desenvolveron ao longo da xornada. O rexedor visitou todo o recinto onde conversou con veciños e veciñas, desfrutando tamén dun paseo pola zona frecuentada pola xente máis nova.
O Concello de Monforte colaborou con esta festa na organización e desenvolvemento do dispositivo de seguridade, que estivo coordinado pola Policía Local, coa participación da Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil e persoal municipal de Servizos á Cidadanía. Ademais, o Concello aportou unha ambulancia para dar asistencia ós veciños e veciñas participantes ante calquera incidencia.
Tamén achegou unha aportación económica igual á que reciben o resto das parroquias do municipio, así como a dotación de proxectores de luz, un xerador de corrente para o desenvolvemento da festa e contedores no recinto para que a xente puidera depositar neles os residuos xerados durante a celebración da romaría.
O obxectivo, destaca o Alcalde, “é que a romaría e festa se celebren coa maior tranquilidade e seguridade posibles, e para iso dende o Concello coordinamos un dispositivo no que contamos coa colaboración dos diferentes Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, ademais de persoal municipal e da Policía Local”.
Esta Romaría do San Mateo, é a última das actividades do Concello de Monforte incluídas dentro do programa do Verán Cultural.