Monforte de Lemos, 4 de xuño de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural, Obras e Servizos, José Luis Losada, recibiron na mañá de hoxe na casa consistorial do Concello, a D. Lois Blanco Penas que visitou Monforte acompañada de D. José Luis Vilela Conde, Director de La Voz de Galicia, de Dona María Martínez Guntín, Delegada de La Voz de Galicia en Lugo e D. Carlos Cortés López, Subdelegado de La Voz de Galicia, nunha visita institucional que comezou coa firma de D. Lois Blanco Penas, no Libro de Ouro do Concello.
Trala firma no Libro de Honra, o mandatario e o Presidente da Voz , mantiveron unha breve reunión privada no despacho do Alcalde, para continuar con unha visita ó Museo das Clarisas, de Arte Sacro e Arte Italiano dos séculos XVI e XVII e seguidamente, ó Colexio de Nosa Señora da Antigüa-Escolapios. A continuación, todos participaron nunha comida de traballo trala que se deu por rematada a visita oficial.
O Alcalde quixo destacar a figura de D. Lois Blanco, como referente do periodismo en Galiza e digno sucesor de Santiago Rey para dar continuidade ao legado empresarial e editorial de La Voz de Galicia, un periódico líder na nosa Comunidade e un dos mais leidos de España, con mais de 140 anos de historia e con un modelo único con trece edicións diarias que lle permiten recoller a realidade de toda Galicia.O mandatario subliñou “a absoluta implicación da Voz en transmitir a actualidade de toda Galicia e servir de transmisora dos temas de interese para os cidadáns así como o compromiso co ámbito cultural, deportivo e educativo da nosa comunidade.” Tal e como manifestou Tomé, constitúe un honor, recibir na cidade a unhas figura tan relevantes do mundo empresarial e da comunicación de Galiza e resulta tamén unha gran oportunidade para compartir de preto, as riquezas patrimoniais que singularizan a Monforte de Lemos.Programa da visita oficial de D. Lois Blanco Penas.
11:30 H: RECEPCIÓN NA CASA CONSISTORIAL DE MONFORTE
11:40 H: SINATURA NO LIBRO DE OURO
11:50 H: BREVE REUNIÓN NO DESPACHO
12:15 H: VISITA ÁS CLARISAS
13:00 H: SAÍDA CARA AOS ESCALOPIOS
13:30 H: VISITA AOS ESCALOPIOS
14:30 H: XANTAR DE TRABALLO NO RESTAURANTE MANUEL BISTRÓ
17:00 H: REMATE DA VISITA