O Alcalde de Monforte destaca o éxito do Concurso dos Maios 2025, coa participación de 12 obras na modalidade de maios e 3 participantes nas coplas.

Monforte de Lemos, 7 de maio de 2025. O Concello de Monforte de Lemos celebrou na xornada de hoxe unha nova edición do tradicional Concurso dos Maios, que se concentraron na praza de España a partir das 17:30 horas, logo de percorrer diversas rúas da cidade.

Recibidos polo Alcalde, José Tomé Roca,  pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, pola Concelleira de cultura, Marina Doutón e polo Concelleiro de Medio ambiente, medio rural e servizos, José Luis Losada,  foron finalmente 12 os participantes que aportaron as súas obras nesta tradicional festa, que este ano cambio as bases do certame, creando dúas modalidades de participación para os maios: “Maios centros de ensino” e “Maios asociacións ou colectivos e particulares”.

Dentro da primeira modalidade “centros de ensino” participaron cinco centros: CEIP A Gándara, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio Ferroviario, Colexio PP. Escolapios e CEIP Monforte.  Na modalidade de asociacións ou colectivos e particulares, participaron 8 inscritos: Miguel Somoza González, Brais e Roi Rodríguez Díaz, Centro día Monforte de Lemos, Asociación Agora Área ocupacional, Asociación Agora área Diurna terapéutica Centro de Día, Geriatros Domuscvi Monforte, CEIP Monforte, Cristina Blanco Rajo.

Os premiados nas dúas categorías foron:

MODALIDADE CENTROS DE ENSINO

1º PREMIO: -COLEXIO FERROVIARIO con “A Abella do Ferroviario”

2ºPREMIO: -CEIP A GÁNDARA

3ºPREMIO: -COLEXIO PP. ESCOLAPIOS

ACCESIT: -FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS “Lady May”

ACCESIT:-CEIP MONFORTE   

MODALIDADE ASOCIACIÓNS OU COLECTIVOS E PARTICULARES

1º PREMIO: -ASOCIACIÓN AGORA Área ocupacional

2ºPREMIO: -BRAIS e ROI RODRÍGUEZ DÍAZ

3ºPREMIO: -CENTRO DÍA MONFORTE LEMOS

ACCESIT: -ASOCIACIÓN AGORA  Área diurna terapéutica Centro de Día

ACCESIT: -GERIATROS DOMUSVI MONFORTE  MAIO DA DOMUS

ACCESIT: -CRISTINA BLANCO RAJO

No centame de coplas houbo tres participantes que interpretaron as súas creacións na propia Praza de España e a clasificación dos premiados queda do modo seguinte:

1º PREMIO: -CEIP A GÁNDARA

2ºPREMIO: -CEIP MONFORTE

3ºPREMIO: -MIGUEL SOMOZA GONZÁLEZ e JOSÉ MIGUEL GONZÁLEZ LEMOS

O importe dos premios do certame deste ano 2025 foron os seguintes:

MAIOS (para cada unha das dúas categorías)

1º PREMIO: 200€

2ª PREMIO:150€

3ª PREMIO:100€

Accésits: 75€

COPLAS

1º PREMIO: 100€

2ª PREMIO:75€

3ª PREMIO:50€

Accésits: 30€

Como xa indicara hai uns días o Alcalde, José Tomé Roca, “O obxectivo era animar á participación e logo de contar con 12 inscritos no certame de maios e 3 no de coplas, podemos dicir que o obxectivo que nos marcamos foi acadado con éxito. Tamén quero destacar que a calidade e traballo dos maios deste ano foi moi satisfactoria competindo maios que tiñan un gran traballo e orixinalidade polo que os participantes deben estar moi orgullosos das obras presentadas”.

Os aboamentos dos premios, a cada participante, serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.