Monforte de Lemos, 15 de xuño de 2025. Dende o Concello de Monforte informamos da interrupción do suministro de auga durante o próximo luns día 16 de xuño de 8:30 h a 14:30 h na marxe dereita da Rúa Padre Feijoo, dende o nº 2 ata o nº 38 e en ambas marxes da Rúa Juan Montes, dende o cruce da vía, do nº 56 ó nº 144 (marxe dereito) e do nº 51 ata o nº 137 (marxe esquerdo) pola necesidade de levar a cabo actuacións derivadas da obra de supresión dos pasos a nivel.
Unha vez rematados os traballos, procederase ó restablecemento do suministro de auga con normalidade.
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas actuacións poidan ocasionar.