A Casa da Cultura acolle esta tarde o espectáculo infantil “A fantasía do Nadal”, de María Faltri

Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2025. A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolle hoxe o espectáculo musical “A fantasía de Nadal”, de María Faltri, dirixido ao público infantil e familiar. A cita é, este martes, ás 18.00 horas, con entrada libre e gratuíta. A actividade forma parte do programa das Festas de Nadal 2025-2026, organizado polo Concello de Monforte.

O ciclo comezou o martes 23 coa representación de “Nadal en prácticas”, da compañía Lalá Teatro, e continuou o venres 26, con Títeres Cachirulo e a montaxe “O ladrón de xoguetes”. Ambas funcións acadaron un importante éxito de público.

A proposta que chega hoxe á Casa da Cultura comeza cun "Abracadabra",  unha palabra máxica que abre o telón dun espectáculo onde todo é posible. María Faltri dá vida a personaxes entrañables e momentos cheos de luz. Acompañada por Reyner Aldana na guitarra, coros e percusións, crearán un ambiente realmente máxico.