Monforte de Lemos, 30 de agosto de 2025. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, clausurou na mañá de onte o XII Campus de Voleibol Ribeira Sacra, organizado polo C.V. Ribeira Sacra Monforte, coa colaboración do Concello de Monforte.
Esta nova edición do Campus, que organiza o C.V. Ribeira Sacra, celebrouse do 25 ao 29 de agosto coa participación de 65 deportistas que estiveron dirixidos por 7 adestradores e que un ano mais, volveu a contar con unha altísima participación de rapaces e rapazas con idades de entre 8 e 16 anos. No Campus impartíronse dúas modalidades: Volei Pista no Pavillón Municipal A Pinguela e Volei Praia no Clube Fluvial de Monforte.
Os deportistas que participaron no Campus, foron obsequiados onte a última hora da mañá con camisetas e medallas conmemorativas así como diversos obsequios, que lles entregaron o Concelleiro de Deportes do Concello de Monforte, José Manuel Mougán e o Director Deportivo do Clube, Manolo Martínez.
José Manuel Mougán que acudiu en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quen por motivos de axenda como Presidente da Deputación, non puido acudir ó acto, remarcou a alta participación de deportistas nesta iniciativa que ven a confirmar que o Alcalde, José Tomé, ten como unha das súas prioridades dentro das políticas en materia deportiva, apostar firmemente pola colaboración con eventos deportivos dirixidos a nenos e nenas en idades de formación, fomentando o deporte base e apostando pola canteira, que fixeron de Monforte, unha referencia para o voleibol en Galicia.