O Concello abre o prazo de inscrición para o curso 2025-2026 nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2025. O Concello de Monforte abriu hoxe o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza para o curso 2025-2026.

O curso dará comezo o luns, 16 de setembro de 2025, e rematará o venres 12 de xuño de 2026.

Para realizar a inscrición, os interesados deberán dirixirse á Oficina de Rexistro do Concello de Monforte de Lemos en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas, ou ben a través da Sede electrónica do Concello.

Escola Municipal de Música

Inscrición a partir dos 6 anos. As especialidades que se ofertan son as seguintes:

  • Percusión Moderna: batería, bongós...
  • Percusión tradicional galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Teclado
  • Violín
  • Guitarra
  • Gaita, Clarinete, Frauta, Saxofón
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba/Bombardino
  • Canto Coral
  • Canto tradicional galego: canto con pandeireta
  • Linguaxe musical

Escola Municipal de Danza

Ofértanse a seguintes especialidades:

  • Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.
  • Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico: a partir de 5 anos.

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas materias, unha oferta ampla e variada para a escola, tanto nas disciplinas de música como de danza.