O Concello informa que o próximo luns, día 2 de xuño, cortará o tráfico da Ponte Vella para proceder á limpeza do mesmo.

Monforte de Lemos, 30 de maio de 2025. O Concello de Monforte, informa de que o próximo luns, 2 de xuño, procederá a cortar o tráfico de peóns e de vehículos pola Ponte Vella a partir das 8:00 h.

O motivo é acometer os traballos de limpeza íntegra do mesmo, tal e como se ven a facer nestes últimos anos. Os traballos de retirada serán levados a cabo pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello.

O corte ó tráfico de vehículos e peóns da Ponte, que será levado a cabo pola Policía Local, manterase mentres duren estes traballos de limpeza.