Monforte de Lemos, 18 de setembro de 2025. O Concello de Monforte súmase á iniciativa da FEGAMP que acordou na súa xuntanza ordinaria convocar para o venres, 19 de setembro, un acto público como símbolo de condena enérxica e repulsa ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresando a súa solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza.
Con este motivo, o Concello convoca a toda a cidadanía a participar nunha concentración que terá lugar mañá venres, 19 de setembro, ás 12.00 horas, diante do Concello.