Monforte de Lemos, 19 de setembro de 2025. O Concello de Monforte sumouse hoxe aos actos solidarios co pobo palestino de Gaza convocados pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, a través dunha concentración diante do Concello, ás 12.00 horas, na que se gardou un minuto de silencio.
Con este acto público, ao que asistiron a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e outros membros da corporación municipal, así como traballadores da Administración local, o Concello de Monforte amosou a súa condena enérxica e repulsa ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando con este xesto o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresando a súa solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza.