Monforte de Lemos, 3 de outubro de 2025. O Concello de Monforte informa do corte de tráfico que se vai producir mañá sábado, 4 de outubro, na rúa Doutor Casares como consecuencia das obras que se executan no inmoble nº 13. Debido á necesidade de instalar un elevador que ocupa unha superficie de 8m2, procederase ó corte ás 8.15 horas.
A ocupación da vía farase preservando un espazo de paso seguro para peóns pola beirarrúa contraria, delimitado da zona de traballos mediante valos de obra engarzados de forma continua. Tamén se terá en conta que non interfira ou impida a libre entrada ou saída dos inmobles colindantes e de garaxes dotados de vao permanente, nin afectar á prestación de servizos públicos.
Accesos alternativos desde o Paseo do Malecón pola rúa lateral ao centro de saúde e pola ronda María Emilia Casas Baamonde para os vehículos procedentes da Ponte Vella.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.