O Concello informa dos horarios previstos para o bus urbano de Monforte ante a folga xeral por Palestina, hoxe 15 de outubro

Monforte de Lemos, 15 de decembro de 2025. O Concello de Monforte informa de que, ante a convocatoria de folga xeral por Palestina convocada para hoxe, 15 de outubro, o autobús urbano funcionará con servizos mínimos, nos seguintes horarios:

  • De 8:00 a 11:00 horas da mañá
  • De 18:00 a 21:00 horas da noite

Estes horarios serán efectivos sempre e cando o persoal da empresa concesionaria secunde a folga. De non secundala, os horarios do Autobús urbano serán os habituais dunha xornada laborable.