O Concello informa da apertura dun prazo de seis meses de atención gratuíta para resolver incidencias na recepción da TDT

Monforte de Lemos, 29 de decembro de 2025. O Concello de Monforte informa de que nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia 700 e 800 MHz dos principais operadores de telefonía móbil. Estas redes mellorarán a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así como decenas de novos servizos que verán a luz nos vindeiros anos para aproveitar o gran potencial da tecnoloxía.

A prestación dos servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT), xa que anteriormente utilizábanse para a televisión. Para solventar estas posibles incidencias, no caso de que se produzan, as operadoras de telefonía móbil poñen a disposición dos usuarios da TDT os servizos da empresa “llega700”, que queda a disposición dos posibles afectados para resolver calquera incidencia que teña que ver coa activación da rede de nova xeración.

Con tal fin, o Concello lembra que está habilitado un teléfono de atención gratuíta ao que poden recorrer os afectados durante un prazo de seis meses co fin de restablecer o servizo TDT con total normalidade. O número de atención cidadá é o 900 833 999. Tamén poden consultar a información sobre este proceso na páxina web www.llega700.es.

Unha vez notificado o problema, un técnico cualificado da empresa desprazarase ata o domicilio para solventalo, todo elo sen coste algún para os afectados.