Monforte de Lemos, 10 de xuño de 2025. Dende o Concello de Monforte queremos informar da apertura do prazo de matrícula para o Curso 2025/2026 do Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibáñez” nas diferentes modalidades que se ofertan para o próximo curso e que son as seguintes: violín, guitarra, piano, percusión, clarinete, saxofón, tuba, trompa, trompeta, e trombón de varas.
-O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) permanecerá aberto ata o 24 de xuño.
Esta inscrición será gratuita e poderase facer presencialmente na secretaría do centro ou accedendo a “solicitude proba de acceso” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte e descargando o impreso de solicitude de inscrición e de autoliquidación, enviándoa debidamente cuberta e no prazo establecido ao correo do centro conservatorio@concellodemonforte.com.
A proba de aptitude musical terá lugar o día 25 de xuño ás 12,00h.
-O prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º curso de grao profesional (pase de grao) permanecerá aberto ata o 17 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente na secretaría do centro ou accedendo a “solicitude proba de acceso” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte e descargando o impreso de solicitude de inscrición e de autoliquidación, enviándoa debidamente cuberta co extracto do recibo pagado das taxas no prazo establecido ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com
Esta proba de pase de grao terá lugar o día 18 de xuño ás 16,00h.
-O prazo para inscribirse na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais permanecerá aberto ata o 17 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente na secretaría do centro ou accedendo a “solicitude proba de acceso” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte e descargando o impreso de solicitude de inscrición e de autoliquidación, enviándoa debidamente cuberta co extracto do recibo pagado das taxas no prazo establecido ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com
Esta proba terá lugar o día 19 de xuño ás 16,00h.
Matrícula
O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2024/25, será ata o 17 de xuño.
O prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso ó vindeiro curso 2025/26, será do 17 ó 27 de xuño.
Especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2025/2026
VIOLÍN PIANO CLARINETE TROMPA
GUITARRA PERCUSIÓN SAXOFÓN TROMPETA
TUBA TROMBÓN DE VARAS
Solicita información:
Horario atención presencial secretaría: 10:00 – 14:00
Correo electrónico: conservatorio@concellodemonforte.com
Tlf. 982 403893