Monforte de Lemos, 3 de outubro de 2025. O Concello de Monforte informa da realización de obras na canalización do saneamento o vindeiro luns, 6 de outubro, na rúa Doutor Casares, á altura do cruce coas rúas Caneiro e Coruña. Os traballos serán executados por Aqualia e non implican cortes no suministro de auga, pero si sinalización do punto no que se acometerán os traballos.
Toda a montaxe, materiais ou maquinaria empregada pola empresa estará recollida dentro da área de ocupación da vía e illada das zonas de uso de vehículos mediante valos, incluíndo sinalización de balizamento luminosa en horario nocturno e paneis reflectantes. Así mesmo, dita ocupación farase de xeito que non interfira ou impida a prestación de servizos públicos.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.